Introdución


Tal vez un puída verse inclinado a pensar que o son dos animais non forma parte da música. Por certo, dentro do mundo do son está incluída a música y entre outros, o son animal. Nos últimos 50 anos a música relacionouse cada vez mais, de modo moi crecente con diversas fontes sonoras, que tradicionalmente formaron parte dela solo incidentalmente a través de imitacións, pasaxes descritivos ou cómicos, etcétera. Estas novas fontes son fáciles de enunciar: E dicir
Todos os sons que o cerebro poida concibir”.
Hoxe en día o chamado material sonoro, e dicir a base sonora dunha obra musical, a súa materia prima, pode combinar, por exemplo,co son convencional dunha balea, ou un paxaro, ou ben estar realizado integramente coas máquinas, animais, natureza, en fin, o límite establéceo o propio compositor. O gran problema da creación musical estará sempre vixente, porán cambiar as fontes sonoras pero xamais a intención do feito creativo. Se ben e certo que moitas das novas o actuais correntes musicais préstanse o engano, pero non e menos certo que no período clásico ocorría exactamente o mesmo co material sonoro de tipo tradicional.
Co transcurso do tempo e a experiencia humana habían de nacer dúas novas disciplinas: Bioacústica y Biomúsica.

Bioacústica


Bio = vida y Acústica = Ciencia, rama da Física, que estuda o son. Súa tradución literal sería Son da Vida. A Bioacústica e unha das modernas ciencias que se ocupa do estudio dos sons relacionados con los seres vivos, a natureza e o universo. A acústica tamén se ocupa do estudio de tales sons pero a bioacústica e moito más específica; considerase coma unha rama, todo unha especialización, da primeira. A bioacústica intervén activamente na preservación do planeta, moi especialmente no reino animal. Recordemos que a ecoloxía e un problema de todos.

Biomúsica


Denominase biomúsica a música que no súa maior parte emprega material sonoro de tipo bioacústico. Ten unha vinculación co a denominada New age, sobre todo nos comezos de esta , aínda que a gran diferenza, estriba na que a biomúsica está baseada esencialmente no material sonoro bioacústico. Moitas veces nos perdemos entre tantas clasificacións, fronte a dubida, e mellor o emprego directo da palabra música,inda que para algúns e un pouco arriscado chamarlle así,non para min por suposto.

O CD: Mundo Sonoro.

Este Cd foi creado,pensando nun entorno totalmente natural do paisaxe galego,onde os espazos naturais de cada unha das catro pezas son:

Primeira peza: Titulada “Proxecto terra”.

Situase na fervenza do río toxa “Forcarei”,afluente do Deza e do Ulla,paraxe con moitas cascadas e moita auga,como se pode escoitar a medida que vai transcorrendo a peza,sentíndose distintas intensidades da forza da auga,que van sendo intercaladas cunha serie de reguladores,crescendo e decrescendo,a medida que nos vamos acercando ou alongando das beiras do río.

Os paxaros ou solistas principais son moitos e variados,intervindo un reiseñor como solista principal no comezo ,e de fondo un merliño moi tenue.

Para esta peza usáronse copas de auga o que se denominan”glass-harmónicas”,tamén cazos de quentar o leite,mesturados con harmónicos de guitarra clásica,e botellas de auga.

A medida que vai transcorrendo a peza introdúcese unha tarabilla común ou chasco común”Saxícola torquata”,con un merlo de fondo,intercalándose distintas intensidades da auga, según vamos andando polos beirais do río.

Para as miñas composicións,traballo moito con Fringílidos ,carduelis e páridos,tamén a familia emberizidae,xa que os seus sons son moi musicais,como se pode observar no meu libro,ecoloxía e música.

Grazas a o meu irmán Paparolo, Luthier de Ocarinas,fíxome por encargo unha ocarina de blues,única no mundo,onde en determinados momentos meto unhas pasaxes musicais como si se perderan no tempo,tamén podedes ouvir un punteiro dunha gaita,que pertence a unha peza do meu primeiro Cd, adicada o último Urogallo dos Ancares.

Logo hai unhas intervencións de cukos que visitan Ridimoas,xa que e un animal que aprecio moito ,porque posúe unha afinación moi axeitada coa escala musical temperada.

Tamén hai un paxaro que durante un fraseo musical e o protagonista,pero non o puiden identificar de momento,nin con expertos ornitólogos,este foi gravado nun bancal,onde poida que tivera o niño,a intensidade do canto e moi incisiva,e o fago destacar pola súa beleza.

A medida que vai transcorrendo a peza se oen unha serie de Carboneros ou ferreiros, buhos e paxaros carpinteiros,xunto cos meus amigos corvos,animal mitolóxico e cheo de supersticións.

Tamén os insectos interveñen na peza,sons que producen o mover os élitros ou as.Nesta peza introduxen unha serie de cantos de monos aulladores, facéndolle unha imitación coa guitarra a modo de glissando musical,a mestura da ocarina de blues,co son da auga,fai crear unha atmosfera e unha sensación de estar gozando da natureza,para o cal aconsello pechar os ollos e disfrutar do momento sonoro.

Na parte final,vanse fundindo diferentes paxaros,morrendo co son da auga,tamén se escoita un tordo,que lle dediquei a última peza do Cd e me fixo compaña,toda a primavera do 2006 e parte do verán,o cal estoulle moi agradecido e un animal moi sonoro e musical,frecuente no noso país,comigo fai moitas veces de solista principal.

Tamén apreciamos unha fuxida de merlos en perigo,así como unha serie de rans que vivían nun charco que foi sepultado polo asfalto dunha carreteira,que posteriormente sirveu de aparcadoiro,agora o son so se pode escoitar no recordo do Cd,descansen en paz.”Que seria de min sen o son dos animais”

A medida que vai transcorrendo a peza,vamos tendo a sensación de que permanece no tempo,e dicir sempre a levamos connosco.

Segunda peza:”Os muíños de Lores”.

Esta foi creada na primavera do 2007,dando un paseo por uns muíños antigos tan comúns noutros tempos, perto de Sanxenxo,concretamente en Meaño,a medida que paseaba escoitaba unha serie de paxaros moi comúns pola nosa zona,coma os paporroibos,e fun xogando co son da auga,interrompido polas pedras dos regatos e distintos paus que se mesturaban coa auga.

Aquí destaco moito os merlos,que son os meus compañeiros de paseo,desgraciadamente quedan poucos lugares para pasear en silencio.

Na peza fago un efecto sonoro con armónicos e deixo colgar a melodía,como si dun alongamento se tratara,deixando morrer as melodías,e unha forma persoal de tratar e estudar a biomúsica,cada paxaro ten o seu tempo e lugar,e forma parte da música concreta,como si de un solista de ópera se tratara,o baixo continuo e a auga.

Xa para rematar destaco un son dun relincho dun cavalo,animal moi apreciado por Pablo en Ridimoas,este cavalo tamén me fixo compaña enfronte da miña casa,xunto co sons dunhas campás tan características do paisaxe galego,co tempo onde pastaba o cavalo,converterase nunha urbanización de chales de luxo para ricos.”E o ladrillo que lle gana a partida a herba dos nosos campos”.

Terceira peza:”Proxecto mar”.

A fotografía foi tomada por min,”Nunca se debeu permitir semellante barbaridade”.

Esta peza vai dedicada o mar da Lanzada e as lagoas do Bao.E un humedal con galiñas de auga,patos,biluricos,corvos mariños,pillaras,e un sinfín de garzas e outros animais que reposan despois dun agotador viaxe,sen medio de transporte.

Intento utilizar a auga de mar como un son constante e característico das nosas costas,todo acompañado dunha melodía con moita ledicia e sensibilidade e un gran ríspeto polo medio ambiente que nos rodea.

Disfrutar do son desta peza,sempre que podades,eu non son o protagonista da miña música son os paxaros.A peza acaba con uns son característicos do mes de setembro,son os meus amigos de fin da tempada do vran “Os mazaricos”

Cuarta peza:”Turdus Phyllomúsica”.

Esta última peza vai dedicada o meu amigo tordo,que xa comentei antes,pero tamén a os merlos dos nosos campos,da a sensación de que sempre permanecen as melodías nos nosos oídos,a última parte e unha obra de arte dun merlo atonal da música contemporánea do século XXI.

“Coidemos a natureza,protexamos os bosques e estarei moi contento”.

Senén Barreiro